A ONG valoReSC é unha organización non gobernamental fundada no ano 2003 en Santiago de Compostela que traballa para promover a innovación en valores éticos e sociais, nun sentido amplo e transversal, tanto no ámbito empresarial como na sociedade en xeral.
A súa misión céntrase na creación de proxectos con impacto social positivo, apoiándose en principios de Responsabilidade Social Corporativa, sostibilidade, economía do ben común e valores diversos (sociais, ambientais e de gobernanza). Estes valores reflíctense nas súas accións orientadas ao desenvolvemento de iniciativas en colaboración con empresas, emprendedores/as, administracións públicas, entidades do terceiro sector, colectivos cidadáns e persoas voluntarias.
valoReSC impulsa proxectos sociais dirixidos especialmente a colectivos en risco de exclusión social e/ou territorial, así como a actividades de innovación educativa e dinamización local que fomentan a participación comunitaria, a cohesión na sociedade, a igualdade en todas as esferas e cun transfondo común sempre de desenvolvemento sostible en todas as súas actuacións. A organización actúa como ponte entre o tecido empresarial, institucional e social, e promove sinerxias que permiten construír unha sociedade máis ética, inclusiva e comprometida co ben común.
A súa sede principal e permanente atópase na cidade de Ourense, e conta cunha sede delegada en Santiago de Compostela; ademais, colabora con outras organizacións en diferentes lugares do mundo.
valoResc nace co obxectivo de innovar en estratexias, ideas e accións que xeren valor social real, e pretende fomentar unha visión participativa e colaborativa entre individuos diferentes, organizacións, institucións ou empresas, axudando a construír unha sociedade comprometida cos dereitos humanos que son os mesmos en todos os lugares do mundo, co futuro, co medio ambiente, a educación, a solidariedade, a economía da responsabilidade e en xeral o ben común e social.
Estamos enfocados ademais á investigación e á innovación educativa para poder xerar idearios e plans directores que impulsen e xustifiquen actuacións sociais innovadoras e con utilidade, practicidade e utilidade real.
Qué nos interesa
Por iso é prioritario para nós traballar cos colectivos do futuro: a infacia, os xoves, as mulleres en xeral e sobre todo as mulleres ou persoas que son vítimas de violencia, de discriminación ou en exclusión para que poidan ter un futuro mellor, así como tamén coas persoas con menos recursos sociais; e aproveitar tamén o coñecemento dos maiores; en xeral influir na educación e na esfera social e empresarial para promover dende eses estamentos valores e principios humanos universais que son a base do progreso local e global.
A nivel de administración e para proxectos de alcance supra-provincial e nacionais ou internacionáis posúe unha sede principal radicada na localidade de Santiago de Compostela.
Sede Delegación Santiago: casa das Asociacións.
Sede social situada na cidade de Ourense.
Existen outras sedes delegadas a través de colaboracións puntuais noutros lugares.
Sede de Ourense: Rúa Julio Prieto Nespereira, 21 – baixo, 32005 de Ourense
Teléfono de contacto: 988 06 28 63
¿Sabías que?….
Os nosos programas de colaboración con centros de ensinanza no ámbito emprendedor fomentan a cultura emprendedora, especialmente na infancia e na xuventude.
Xestionamos prácticas empresariais e detectamos as habilidades nas persoas xoves, mediante o programa «Deseña o teu Futuro» axudámoslles a encontrar a actividade profesional na cal dirixirse con motivación, coñecer o mercado laboral e coñecer opcións laborais adecuadas ao seu perfil.
Contamos co Clube de Emprego para axudar ás persoas desempregadas no seu proceso de búsqueda de emprego, mediante grupos de motivación, mentorización e orientación laboral, e intermediamos co tecido empresarial.
Na actualidade estamos a traballar en varios proxectos de investigación para o desenvolvemento empresarial no ámbito rural e local, o cal inclúe un programa de impulso da mentalidade emprendedora na infancia e adolescentes.
No ámbito de maiores, igualdade e conciliación laboral, promovemos programas de divulgación, grupos de apoio e atención psicolóxica.
Un espazo de conciliación e lecer para @s nen@s en idades comprendidas entre os 0 e 16 anos, que inclúe servizos de coidado e actividades relacionadas coa coeducación, a corresponsabilidade no fogar e a igualdade.
Aloxamento temporal para mulleres en situación de especial vulnerabilidade con ou sin menores a cargo, debido a unha situación precaria laboral ou persoal.
Un programa que ten como obxectivo principal servir de apoioás familias, xerandounhacomunidade socio-educativa con disciplina positiva e para adquirir novas ferramentas para facerlle fácil ás familias a inserción socio-laboral.
Estas cookies son necesarias para o funcionamento do sitio web e non poden ser desactivadas nos nosos sistemas. En xeral, só se establecen en resposta a accións realizadas por vostede que equivalen a unha solicitude de servizos, como establecer as súas preferencias de privacidade, iniciar sesión ou encher formularios.
Cookies utilizadas Obrigatorias